Friday 26 de April de 2024

Ovidio Rodeiro pon en valor á recuperación das especies autóctonas galegas no pregón da XIX Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar de O Pino


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, foi o encargado de realizar o pregón na XIX edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar de O Pino. Este evento é unha das festas que conta coa declaración de Interese Turístico de Galicia e cunha axuda da Xunta de Galicia de 3.000 euros.

Na súa intervención, lembrou que “este evento é xa unha tradición neste concello porque leva realizándose consecutivamente dende 1999, como unha festa de exaltación da gastronomía e da cultura galega”.

No pregón, apuntou que “este encontro festivo é unha aposta persoal do alcalde Manolo Taboada, para poñer en valor e tratar de recuperar a especie do Galo Piñeiro, que funde as súas raíces na época celta”. Neste senso, recalcou que “a recuperación das nosas razas autóctonas en perigo de extinción é algo que tamén ocupa e preocupa á Xunta de Galicia” e lembrou que “ a Consellería do Medio Rural, que dirixe a melidense Ánxeles Vázquez, conta con programas de promoción e protección das razas autóctonas en perigo de extinción, nos que tamén colaboran entidades coma a Federación de Razas Autóctonas de Galicia ou a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta”
.
Para o delegado territorial é fundamental “que non se perdan razas seculares da nosa terra en favor doutras foráneas de maior produción, e logramos que a vaca cachena, o porco celta a galiña de Mos ou o galo Piñeiro non desaparezan das nosas granxas”.